ra mostralo ao público actual, calquera aspecto da vida ou da obra de Rosalía de Castro.Co novo ano, Matalobos afiánzase como líder de audiencia da noite do martes en Galicia. Na súa entrega desta semana, a produción de Voz Audiovisual marcou un 15,2% de cota de pantalla e 175.000 espectadores de media. A serie impúxose a Toledo, a gran aposta de Antena 3 para a nova tempada. O pasado martes, Matalobos impúxose, coa emisión do capítulo 63, a toda a oferta televisiva, na súa franxa de emisión en Galicia, cun 15,2% de cota de pantalla e unha media de 175.000 espectadores. Pola súa parte, o previo 15 zona: Un día de garda marcou un 13,5% de share e 159.000 espectadores.
Por detrás quedou Toledo, a gran aposta de Antena 3, que foi líder en España cun 19,7% de share; pero que en Galicia tivo que conformarse cun 11,2%. Por detrás da ficción galega posicionáronse tamén, unha noite máis, o resto de emisións en competencia: Tú sí que vales (Telecinco) cun 13,1%; Españoles en el mundo (TVE 1) cun 13,2% e un 12,2%, nas súas dúas emisións da noite; El mentalista (La Sexta) cun 9,5% e un 11,5% respectivamente; o cine de Cuatro cun 7,6%; e o cine de La 2, última opción da noite, cun 2,8% de cota de pantalla.