Aproveitando a inminente estrea do agardado thriller conspirativo Invasor (Daniel Calparsoro), a Asociación Galega de Guionistas organiza unha Masterclass centrada no Guión de Thriller, xénero que constitúe un denominador común de moitos dos máis salientables éxitos do cine español dos últimos anos. Para impartir a Master Class de Guión de Thriller temos o luxo de poder contar con Javier Gullón, guionista de Invasor e de varios exitosos thrillers como Hierro ou El rey de la montaña, que ten pendente de estrea para o 2013 An Enemy, unha fita de suspense baseada na novela O home duplicado, do gañador do Premio Nobel de Literatura, José Saramago, dirixida polo nominado ao Oscar Daniel Villeneuve e protagonizada por Jake Gyllenhaal (Brokeback Mountain, Zodiac, Prince of Persia, Source Code) e Mélanie Laurent (Inglorious Basterds, El concierto, De latir mi corazón se ha parado).
A Master Class terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2), o luns 26 de novembro de 2012, entre as 16.30 e as 19.45h, nela se profundizará nas técnicas de escrita dun xénero tan amplo, cuns códigos difusos e que esixe un gran dominio tanto do tempo narrativo como da estrutura de guión.
Tedes toda a info sobre o evento, contido e procedemento de inscrición nesta ligazón do seu facebook https://www.facebook.com/notes/agag-asociaci%C3%B3n-galega-de-guionistas-screenwriters-guild-of-galicia/master-class-gui%C3%B3n-thriller-con-javier-gull%C3%B3n-invasor-an-enemy-el-rey-de-la-mont/434106483316923