Os compositores Pascal Gaigne, responsable das BSO de películas como El Olivo, preseleccionada para representar aos Oscar, e Loreak; e Sergio Moure, compositor das músicas de Extinction, Tesis sobre un homicidio ou Seis Hermanas; falarán da súa profesión e das súas composicións cos asistentes.
Data: xoves, 29 de setembro
Hora: 16.30h
Lugar: Conservatorio Xan Viaño (Ferrol)
Entrada: 5 euros ata completar aforo. Membros da Academia: gratuíto.
Inscrición no formulario máis abaixo; unha vez enviado, a Academia Galega do Audiovisual confirmará a súa recepción e a túa praza na Masterclass nun prazo máximo de 24h nos días laborais, e recibida non máis alá do día 28 de setembro. Este formulario de inscrición só terá validez no momento no que a Academia Galega do Audiovisual reciba o XUSTIFICANTE DE INGRESO no mail info@academiagalegadoaudiovisual.gal con anterioridade ao 28 de Setembro. ABONO MATRÍCULA CCC ES24 1491 0001 2220 9713 0021 (Triodos Bank), imprescindible indicar o nome da persoa inscrita. Tamén se pode efectuar o pagamento en efectivo na oficina da Academia no seu horario habitual. Unha vez se comproben os datos, confirmarase a praza na Masterclass.
Programa da Semana das Músicas do Audiovisual (PDF)