Masterclass con Luís Ivars sobre os dereitos de autor nas músicas do audiovisual

14 / 09 / 2016

A obra dun autor é froito do seu esforzo persoal, da súa formación, dun cúmulo de experiencias adquiridas, dunha proposta estética e de tantos outros factores que fan da creación un proceso único e valioso. E no caso do audiovisual é aínda máis complexo por aglutinar a guionista, director e compositor na autoría. Por iso convén ao creador coñecer as ferramentas para protexer a súa obra con contratos xustos e poder gozar do valor económico engadido que lle outorga o seu dereito de autor.

Durante dúas horas na masterclass “Creación audiovisaul e dereitos do creador” Luís Ivars, presidente de Musimagen e membro directivo de ECSA, dará a coñecer aos presentes durante dúas horas “quen, como e onde” se defende o valor intelectual e económico da obra audiovisual; como se lexislan as leis que lles afectan. É imprescindible que os autores teñan conciencia do seu valor e o seu dereito.

 

Día: martes, 27 de setembro

Hora: 18.30h

Lugar: Aula 9 do Centro Ágora, A Coruña

Entrada gratuíta ata completar aforo, é necesario inscribirse enviando os teus datos no formulario máis abaixo.  Unha vez o envíes, a Academia Galega do Audiovisual confirmará a súa recepción e a túa praza na Masterclass nun prazo máximo de 24h nos días laborais, e recibida non máis alá do día 26 de setembro.

 

Programa da Semana das Músicas do Audiovisual (PDF)

 

    Nome *

    Apelidos *

    DNI *

    Enderezo postal (incluir CP e cidade) *

    Actividade profesional *

    Teléfono móbil *

    Correo electrónico *

    ¿Cómo coñeciches a existencia deste curso? *

    Web da AcademiaFacebook/Twitter da AcademiaFacebook/Twitter doutras asociacións ou profesionaisPrensaMailing da AcademiaOutro medio

    *Campos obrigatorios

    Unha vez envíes o formulario, a Academia Galega do Audiovisual confirmará a súa recepción e a túa praza na Masterclass nun prazo máximo de 24h nos días laborais, e recibida non máis alá do día 26 de setembro.

    De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é a ASOCIACIÓN ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL con domicilio social na Praza Pintor Sotomayor nº1, 2º - 15001 A Coruña. A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión das persoas inscritas a estas xornadas. Se o desexa pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito á dirección sinalada, adxuntando unha fotocopia do seu DNI.

     

    Categoría: Novas
    Etiquetas: