MÁSTER CLASS DE JEM COHEN NA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

17 / 02 / 2010

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) convoca a sesión a partir das 17 horas do  xoves  18. A entrada é libre, aínda que cómpre previa inscripción. Este acto abre o ciclo que se lle dedicará a súa obra ó longo do mes de marzo e que permitirá afondar no seu traballo. A cita co CGAI será unha das dúas que o autor ten comprometidas ó seu paso por España, a outra será na Casa Encendida de Madrid.

A clase en A Coruña estruturarase como un debate ilustrado, empregando curtas e extractos das películas urbanas de Cohen e filmes musicais incluíndo NYC Weights and Measures, Instrument (Fugazi) e a recente curta, Night Scene New York. Deste xeito, Cohen abordará o tema do documental como unha forza lírica, demostrando a maneira en que a información do mundo actual se pode converter na base para películas que están na encrucillada dos xénerosnarrativo, documental e experimental.

Programa 2: Empires / Imperios

LITTLE FLAGS     
(Estados Unidos, 2000)
Dirección, produción e fotografía: Jem Cohen. Duración: 6 minutos.
O punto de partida do documental é un desfile para celebrar a «vitoria» na Guerra do Golfo de 1991 no baixo Manhattan, preto das Torres do World Trade Center, na zona coñecida como «Canón dos Heroes». As imaxes filmadas por Cohen estiveron gardadas ata o ano 2000. Os acontecementos do 11-S de 2001 obrigan a mirar o traballo para sempre doutra maneira, como un espello que reflicte o pasado e o futuro. A todo o mundo parecen gustarlle os desfiles, agás aos mortos.    

EVENING´S CIVIL TWILIGHT IN EMPIRES OF TIN     
(Estados Unidos-Canadá-Austria, 2008)
Dirección, guión e fotografía: Jem Cohen. Produción: Constellation Records, Gravity Hill Films e Vienna International Film Festival. Intérpretes: Vic Chesnutt. Duración: 100 minutos.
Inspirada na obra de Joseph Roth La Marcha Radetzky, Cohen elabora unha reflexión sobre a decadencia dos imperios onde se contrapón o ocaso da dinastía dos Habsburgo, xusto antes da I Guerra Mundial, coa Historia recente dos Estados Unidos, exemplo particular do goberno de George Walker Bush. Proxecto fílmico multimedia encargado pola Viennale, con imaxes de arquivo, lecturas de texto de Roth e música en directo. O resultado, un híbrido definido polo seu autor como “alucinación musical documental”.        
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) convoca a sesión a partir das 17 horas do  xoves  18. A entrada é libre, aínda que cómpre previa inscripción. Este acto abre o ciclo que se lle dedicará a súa obra ó longo do mes de marzo e que permitirá afondar no seu traballo. A cita co CGAI será unha das dúas que o autor ten comprometidas ó seu paso por España, a outra será na Casa Encendida de Madrid.

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: