Despois da estupenda repercusión do pasado ano, chega unha nova edición do ciclo dedicado aos filmes que, sen distribución comercial, ou á marxe das narrativas convencionais, programamos de novo en Ribadavia, froito da complicidade co Museo Etnolóxico de Ribadavia, e nesta ocasión da inestimable colaboración do Instituto Goethe de Madrid.
As sesións serán todos os martes de agosto, ás 20:15 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Os filmes programados son:
6 de agosto de 2013 …” A corrupción e o abuso das multinacionais”:
Mosconi – ou a quen pertence o mundo (Mosconi – oder wem gehört die Welt) (2007, Alemaña) 78 min
13 agosto de 2013 …” A vida durante un verán dunhas adolescentes”:
Princesas (Prinzessinnenbad) (2006, Alemaña) Documental. 92 min.
20 de agosto de 2013…”A atarctiva personalidade científica de Eric Kandel”:
En busca da memoria (Auf der Suche nach dem Gedächtnis )(2008, Austria) 95 min
27 de agosto de 2013..”O relato mudo de terror sobre o Holocausto”:
O silencio de Gerda (Gerdas Schweigen)2008, Alemaña) 89 min
A entrada é gratuíta, pídese a máxima puntualidade. Máis información e detalle: http://cineclubepf.blogspot.com.es/2013/07/marxes-filmicas.html