MARTES DE CINE NO ATENEO FERROLÁN

13 / 10 / 2008

As proxeccións do ciclo “Galiza: O cine en galego” serán os MARTES ás 19:00hs no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán; a entrada é de balde.
Proxección para o 14 OUTUBRO

DIVERTIMENTO ( JOSÉ GARCÍA HERNÁNDEZ, 2000 )
Duración 93 min. Produción Formato Producións, S.L. Divertimento, Alta Films, en asociación con Televisión de Galicia (TVG) e coa participación de Canal Plus, Televisión Española (TVE)

Produtor José García Hernández, Andrés Barbé
Guión Manuel Ortega
Fotografía Jorge Arce

Intérpretes Francisco Rabal, Federico Luppi, Pastor R. Feal, Sonia Castelo, Margarita Fdez. López, Irene Lamas, Martín Mújica.

Sinopse Daniel Osantos, un popular actor de televisión, está a piques de conseguir o papel da súa vida. Inseguro en canto ao seu talento como actor e malia os seus éxitos, decide entrevistarse con Bernando Gabler, un lendario actor que leva toda a vida a interpretar o mesmo personaxe. Mais Gabler parece pouco disposto a amosarlle os seus segredos a un actor no que non acredita e proponlle un xogo, un elaborado plan, unha proba de resistencia, para determinar se está á altura do papel.

Categoría: Novas
Etiquetas: