Margarita Ledo “unha traxectoria ten tantas resonancias biográficas, intelectuais e emocionais que con elas construiría un memorial”

22 / 02 / 2022

Falar de Margarita Ledo é falar de independencia, de compromiso e dunha traxectoria de referencia no audiovisual e a cultura. A Academia Galega do Audiovisual decidiu homenaxeala co Premio de Honra Fernando Rey de 2022, un premio que se suma a outros recoñecementos como o  Premio Nacional da Cultura Galega (2008), o Premio Otero Pedrayo (2017), a homenaxe a toda unha vida de investigación en comunicación da Asociación Española de Investigación da Comunicación no VII Congreso Internacional da AE-IC, o Premio do Festival de Cine Europeo de Sevilla pola dirección de Nación (2020) ou o Mestre Mateo ao Mellor documental pola mesma película.

A Academia quixo recoñecerlle fitos como “ impulsar a creación da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e  alumear as vocacións de varias xeracións de galegas e galegos desde o seu posto como profesora catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Por contribuír á posta en marcha de iniciativas tan necesarias como NUMAX ou o Grupo de Estudios Audiovisuais”.

Repasamos con ela unha traxectoria “comprometida coa reflexión, a creación, o feminismo e a nosa lingua” que nace no fogar dos Ledo Andión, en Castro de Rei. Ler máis.

Categoría: Novas
Etiquetas: