“Debe tratarse o cine só como industria, ou tamén coma un acto creativo?”. Esta foi unha das preguntas sobre as que os compoñentes da mesa redonda que baixo o título “Marca de Fábrica” asistiron esta mañá á segunda xornada do Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” que se celebra na Fundación Luís Seoane da Coruña. Os actores Jorge Bosso, josé Ángel Egido, Antonio Mourelos –que actuou tamén como moderador-, Vicky Peña e Artur Trillo, foron os compoñentes da mesa.
Para o galego José Ángel Egido, non é preciso que nos apropiemos da idea norteamericana de “entende-lo cine coma unha industria, “por qué vai prevalecer ese argumento”, dicía, porque o cine pode ser un acto comercial e un entretemento á vez. A idea da excepcionalidade cultural pode dar diñeiro, e por iso hai que manter esa idea”. A Coruña, 22 abril 2004.- “Debe tratarse o cine só como industria, ou tamén coma un acto creativo?”. Esta foi unha das preguntas sobre as que os compoñentes da mesa redonda que baixo o título “Marca de Fábrica” asistiron esta mañá á segunda xornada do Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural” que se celebra na Fundación Luís Seoane da Coruña. Os actores Jorge Bosso, josé Ángel Egido, Antonio Mourelos –que actuou tamén como moderador-, Vicky Peña e Artur Trillo, foron os compoñentes da mesa.
Para o galego José Ángel Egido, non é preciso que nos apropiemos da idea norteamericana de “entende-lo cine coma unha industria, “por qué vai prevalecer ese argumento”, dicía, porque o cine pode ser un acto comercial e un entretemento á vez. A idea da excepcionalidade cultural pode dar diñeiro, e por iso hai que manter esa idea”.
Para a catalana Vicky Peña, as leis de mercado actuais están axudando a que desapareza o cine como manifestación cultural, e aboga por “unha vontade política que articule unha política cultural seria”, un tema no que tódolos participantes na mesa estiveron de acordo e na que incidíu o secretario da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, AADTEG, Artur Trillo, ó afirmar que son precisos plans e proxectos. En referencia a Galicia, dixo que non existe un ‘boom’ audiovisual, “é só unha casualidade, o único que hai é un proxecto de propaganda por parte das institucións políticas”.
Jorge Bosso non foi parco en palabras á hora de criticar ás productoras españolas que, aproveitando a situación económica da Arxentina, desprázanse ó país austral para rodar con actores e técnicos do país, a un custe moi baixo, “porque os españois están facendo na Arxentina o que os españois criticamos dos estadounidenses”. En relación á gran implantación de distribuidoras norteamericanas en España, Vicky Peña declarou tamén que “estamos abocados a traballar máis en ‘productos’, no lugar de facelo en obras de creación”.
Durante as cáseque tres horas de duración da mesa “Marca de Fábrica”, abordáronse temas como o dereito da propiedade intelectual e o copyright, o sistema de cotas do cine español, o certo provincianismo español en relación ó cine americano –ó crelo de partida-, sempre mellor que o realizado no noso país, a necesidade de considera-lo cine coma un acto creativo e non só como unha industria, como outra calquera, ou como o actor pode incidir en que se aplique unha excepción cultural e se preserve a diversidade cultural, a cultura tratada como elemento de propaganda dos gobernos e partidos”.
“MARCA DE FÁBRICA”: ¿DEBE TRATARSE O CINE COMO INDUSTRIA, OU COMO ALGO CREATIVO?
Categoría: Novas
Etiquetas: