MAÑÁ PROXECTARASE DHARMA GUNS DE F.J.OSSANG

19 / 12 / 2011

Mañá martes día 20 de decembro haberá dous pases, ás 18.00 e 20.45h, do filme Drama Guns (La sucesión Starkov), o último filme do galo F.J. Ossang.

Martes día 20 de decembro (18.00 e 20.45 horas)

DHARMA GUNS (LA SUCESSION STARKOV)   
(Francia-Portugal, 2010)
Dirección e guión: F.J. Ossang.
Produción: OSS / 100 Films & Documents, Love Streams Productions, Agnès b. Productions e Cinemate. Fotografía: Gleb Teleshov. Intérpretes: Guy McKnight, Elvire. Duración: 93 minutos.  
Participante na prestixiosa sección Orizzonti do Festival de Venecia 2010. O director F. J. Ossang emprega unha potente fotografía en branco e negro para escribir con imaxes un ensaio case filosófico sobre o que el mesmo bautizou como “Odisea da Expiación”. Unha nova mostra de talento dun dos referentes do novo cine francés que xa foi homenaxeado en 2009 na Sección “A Rexión Central” do festival navarro Punto de Vista coa proxección do seu Tríptico da paisaxe. Aparición de Patrick Bauchau.

Categoría: Novas
Etiquetas: