O teatro Colón acollerá esta tarde a iniciativa da Fundación Manuel María para disfrutar a partir das 20.30 horas, dun concerto en memoria do poeta galego. Lúas de Outono permitirá aos asistentes escoitar á cantante Uxía Senlle interpretando doce dos poemas do escritor de Outeiro de Rei, os cales estarán recollidos no seu novo disco, Andando a Terra.
O acto tamén servirá para presentar o DVD Danza do poema emocionado, producido pola coruñesa Píxel Films, do que formarán parte sete poemas da literatura infantil de Manuel María. As pezas seleccionadas percorrerán os máis de 50 anos que abarcan a obra do autor.
A fundación Manuel María de estudos galegos celebrará este acto no que se estreará o audiovisual producido por Pixel Films “Danza do poema emocionado” que segue o estilo da obra experimental premiada co premio Mestre Mateo deste ano.
A entrada ao concerto será totalmente gratuíta, até completar aforo. Os pases poderán recollerse nos despacho de billetes de teatro Colón, a partir das 18.30 horas.