O Director Internacional de Nuevos Desarrollos de Zinkia, Eric Belloso, explicará aos alumnos de CICA (Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) o licensing internacional e o marketing, pezas fundamentais tanto para vender productos audiovisuais como para abrir novos mercados.
Belloso encárgase de potenciar a nivel internacional o recoñecemento multiplataforma das series que máis alcance teñen en Zinkia como Pocoyó e Shuriken School, así como de reforzar a expansión global dos novos proxectos en desenvolvemento da productora.
Iván Agenjo, executivo de vendas de Imagina International Sales, mostrará o mercado asiático de televisión que sobresae polo seu tamaño e a casuística específica de cada un dos seus territorios. Neste mercado hai que destacar o desenvolvemento de canles de TV aberta, dixital e IPTV que fan de Asia un excelente mercado para os produtos audiovisuais. Imaxina International Sales é unha plataforma de distribución internacional resultado da integración do grupo Globomedia e Mediapro que conta con máis de 130 títulos e máis de 3.000 horas de productos audiovisuais. Durante o venres 30 e sábado 31 de xaneiro estes dous expertos estarán en CICA dando a súa visión do mercado audiovisual internacional.