JOSÉ LUIS GUERÍN IMPARTE UNHA MASTER-CLASS NO CGAI

20 / 06 / 2011

O vindeiro venres, 24 de xuño, o cineasta José Luis Guerin (En la ciudad de Silvia, En construción) impartirá unha master-class no Centro Galego de Artes da Imaxe.

O cineasta español conseguiu o recoñecementos dos festivais internacionais con títulos como En la ciudad de Sylvia. A presentación deste filme no Festival de Venecia comezou unha xira por festivais e filmotecas que lle serviu para rodar Guest, un título no que compila o seu vagabundeo cámara en man por cidades descoñecidas.

A master class de José Luis Guerin aborda precisamente a rodaxe de Guest, así como a súa laboriosa postprodución, procesos ao longo dos que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido. A sesión tamén ofrecerá a oportunidade para recuperar Unas fotos en la ciudad de Sylvia, a película paralela a En la ciudad de Sylvia que, en certo sentido, anticipa os modos de produción de Guest.

A asistencia é libre e gratuíta previa inscrición, pero as prazas están limitadas.

Categoría: Novas
Etiquetas: