JAVIER PÉREZ IMPARTIRÁ UN MÓDULO SOBRE ENTRETEMENTO TELEVISIVO NO MPXA

13 / 11 / 2014

O martes 18 de novembro, Javier Pérez de Silva, CEO da produtora La Competencia, impartirá un módulo sobre entretemento televisivo no Máster en Produción e Xestión Audiovisual, título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

O CEO de La Competencia analizará no MPXA o proceso de produción de entretemento; explicará as claves para a creación e xestión de formatos de entretenmento, así como as súas posibilidades de venda.

Pérez de Silva traballou como director de contidos en El Mundo TV e como director xeral de P52. En 2008 creou Pulso TV, dende onde lanzou programas como After hours, I love Escassi, Siete días, siete noches e Equipo de investigación. En xullo de 2011 fundou, xunto a Joaquín Zamora e Íñigo Pérez Tabernero, La Competencia, produtora responsable de títulos como Pequeños Gigantes, Password ou a serie Con el culo al aire. Ademais, Pérez de Silva ocupou o posto de CEO para FremantleMedia en España.

Pérez de Silva, premiado no 2006 pola Academia de Televisión como unha das 50 personas con maior coñecemento deste medio en España, é autor de varios libros sobre o sector: La televisión ha muerto, La televisión contada con sencillez e El periodismo en la TV digital.

Categoría: Novas
Etiquetas: