A Semana das Músicas do Audiovisual-SEMUÁ é un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfonica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que, baixo a dirección artística do compositor, músico e produtor musical Nani García, dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais. Cada ano presenta un suxestivo programa que pon o foco no traballo dos profesionais da composición, produción e interpretación das músicas que acompañan as obras audiovisuais.
Na súa cuarta edición a SEMUÁ adicará unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid quen, ao longo da súa dilatada traxectoria, compuxo as bandas sonoras de máis de 40 longametraxes e 20 series de televisión. Algunhas delas serán interpretados pola Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Colón o venres 1 de novembro, nun programa no que tamén terán cabida temas do multipremiado compositor e músico galego Manu Riveiro. A Academia renderá o seu particular homenaxe á película Sempre Xonxa no trinta aniversario da súa estrea, coa interpretación da banda sonora do filme poñendo o colofón á xornada.
Despois do éxito colleitado na pasada edición, a Semana das Músicas do Audiovisual retomará o domingo 27 de outubro os Concertos da Banda Municipal de Música de A Coruña, cun programa para público familiar que se repetirá dous días máis para o alumnado de diferentes centros educativos da cidade.
Nos vindeiros días anunciaremos novidades. Estade atentas e atentos.