IBISATV RODA O DOCUMENTAL “TRABALLO E VIDA EN BUEU”

12 / 12 / 2008

“Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira” é un documental de IBISAtv para TVG que se está a rodar na localidade pontevedresa de Bueu. No documental participan traballadoras e traballadores de Massó, veciños de Bueu e investigadores do tema.
Este documental achéganos ó proceso de industrialización da Galicia marítima, que se produce co desenvolvemento das fábricas de salgadura e conserva nos séculos XIX e XX, e que se prolonga ata finais do século pasado. O documental aborda as componentes social e humana que participaron deste importante proceso histórico, que hoxe rememoran as xentes de Bueu. O papel dos fomentadores e o traballo nas fábricas son algúns dos temas que nos achegarán a esta particular visión da industria conserveira.

“Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira” conta ca participación de traballadores de Massó como Carmiña Lamosa, José María Estévez, Josefa González e Manuel Aldao. Interveñen tamén Julia Rodríguez, en calidade de veciña e descendente dos fomentadores Galup e Gaggero, e os investigadores, Luisa Muñoz e Xoan Carmona.

O complexo traballo de investigación levado a cabo por IBISAtv se verá reflexado no documental ca incorporación de fondos fotográficos da familia Docampo, Arturo Cidrás, Xosé Luis Lorenzo Colon e o Museo Massó, entre outros.

O documental conta co asesoramento de Jaime Tojo e Anxo Cabada. O equipo de IBISAtv está formado por Yolanda del Campo como realizadora e guionista, Elsa Pazos como xefa de produción e Pablo Lorenzo como axudante de produción. A produción executiva corre a cargo de Valentín Carrera. Este documental conta ca participación de TV7 aportando o equipo de cámara e iluminación. A montaxe realizaráse en Video Zetra.

“Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira” podrá verse o vindeiro ano no espazo “Galicia documental” de TVG.

Categoría: Novas
Etiquetas: