NOVA EDICIÓN DE “BAIXO AS ESTRELAS DE OURENSE”

9 / 07 / 2010

O pasado venres 9 de xullo comezou, coa proxección de Violetas de Rafa Montesinos, unha nova edición do programa de cine ao aire libre Baixo as Estrelas de Ourense, organizado polo Festival de Cine Internacional de Ourense e pola Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. Na programación do ciclo están incluidas as películas galardonadas na 14 edición do Festival, así como os traballos máis destacados que pasaron en 2009 polo Festival.

As proxeccións terán lugar na céntrica praza de San Martiño da cidade, aos pés da Catedral, e comezarán ás 23.00 horas. No caso de que o tempo non acompañe, o Baixo as Estrelas trasladarase até o Auditorio municipal (Rúa da Canle). A asistenza, en todos os casos, é libre e gratuita.

Cine Baixo as Estrelas de Ourense

Todos os venres de xullo e de agosto na praza de San Martiño ás 23.00h

-venres 9 de xullo

Violetas | Dir: Rafa Montesinos

-venres 16 de xullo

Todos os Demais | Dir: Maren Ade

-venres 23 de xullo

Alicia no País | Dir: Esteban Larraín

-venres 30 de xullo

O Agasallo da Pachamama | Dir: Toshifumi Matsuhita

-venres 6 de agosto

Po noso que estás nos ceos | Dir: Beatriz Flores

-venres 13 de agosto > Sesión Curtametraxes

Milo’s Wheels, Casual, Campás, Still, Un vaso de Soda

-venres 20 de agosto > Sesión Animación

The Re Bordosa Dossier, Varmints, O pintor de Ceos, A Flor máis grande do Mundo

-venres 27 de agosto > Sesión Realizadores Ourensáns

Coser e Cantar, Sala de Espera, Mulleres da Raia, Aí vén o Boi

Categoría: Novas
Etiquetas: