HOXE AMAL PROXECTA 3 CURTAMETRAXES DENTRO DO FESTIVAL DOS ABRAZOS 2011

17 / 08 / 2011

O Festival de cine Amal colabora de novo co Festival dos Abrazos 2011. Despois do éxito de público do mércores pasado, a Ruela de Xerusalén volve acoller esta noite ás 22.00h a “Mostra Amal”, coa proxeción de tres curtametraxes.

É a segunda noite de cine euroárabe ó aire libre. Ó igual que na anterior ocasión, a proxeción terá lugar na propia praciña. A organización de Amal acondicionará a zona cunhas cadeiras, que se colocarán frente á parede onde se proxectarán as curtametraxes.

MÉRCORES 17:

-A miña boneca de trapo:
Shereen Ghieth
Qatar, 2009

Walaa enterra a súa boneca lonxe dos ollos dos demais.  Ten medo do que os turistas buscan nela?  Sabe que o seu medio de vida é máis importante que os seus soños, así que se consola pensando que, se vende bonecas, poderá volver a vivir coma antes, como calquera nena da súa idade.

-Esperando a neve:
Yassine El Idrissi
Marrocos, 2009

Ao igual que moitos nenos de 5 anos en Marrocos, Ismail vive nunha gran pobreza.  Nas profundidades da montaña do Atlas, espera a neve, pero non para gozar con ela coma os outros nenos.  Para el, a neve trae un ingreso familiar vital.

-Baghdad express:
Nimer Rashed
Reino Unido, 2008

Maya soña con ir á escola de moda mentres traballa no restaurante árabe do seu pai en Londres.  Pero cando se ve obrigada a decidir, que é o primeiro, o seu pai ou o seu soño?

 

A vindeira e última cita de cine Amal dentro do Festival dos Abrazos 2011 será o mércores 24 coa exhibición do documental “Camino a Nahr Al Bared”

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: