GRAVACIÓN PARA A TVG E CONCERTO BENÉFICO DE ROGER DE FLOR

16 / 11 / 2011

Este venres 18 de novembro, o incipiente programa “En Rede”, da TVG, gravará un directo de Roger de Flor Quinteto, audio e vídeo, na sala Super 8, de Ferrol, que se emitirá en dita canle próximamente.

Ao tratarse dunha data especial, ao grupo gustaríalle contar coa presenza de todos para axudar a caldear ben o ambiente.

Por outra banda, o sábado non é menos importante, o grupo estará participando nun concerto benéfico na Sala Mardi Grass, de A Coruña, xunto a outros artistas, para recadar fondos para a xove ONG coruñesa, “Semilla para el cambio” http://www.semillaparaelcambio.org/web/quienes-somos/ dedicada principalmente a mellorar as condicións de vida da infancia más desamparada en Benarés (India), entre outras cousas.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: