A Directora de Casa Árabe, Dna Gema Martín, visitará Santiago de Compostela o próximo mércores 20 de outubro, invitada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, para pronunciar a conferencia El mundo árabe e islámico: debates, actores y políticas no Salón de Convencións do Hotel Meliá Araguaney. O acto, con entrada libre ata completar aforo, empezará ás 20.30 horas e estará moderado por Ramón Máiz Suárez, Catedrático de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela.
Gema Martín é Doutora en Estudos Árabes e Islámicos e Profesora de Socioloxía do Mundo Árabe e Islámico da Universidade Autónoma de Madrid. É a directora de Casa Árabe-Instituto Internacional de Estudos Árabes e do Mundo Musulmán, un consorcio que naceu en 2006 coa vocación de ser un instrumento que contribúa a fortalecer e consolidar a relación cos países árabes e musulmáns e a desenvolverse como referente no estudo e o coñecemento da realidade e a historia deses países.