A Academia Galega do Audiovisual grazas á colaboración un ano máis do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) proxectará as obras da XII edición dos Premios Mestre Mateo do 13 ao 16 de maio. Nesta ocasión contarase coa presentación e posterior visionado das largometrajes finalistas e a gañadora, e as dúas curtametraxes que se fixeron co galardón nas súas respectivas categorías.
A programación para esta semana previa as letras galegas comezará o martes, día 13 de maio coa curta de imaxe real galardoada nesta edición, “3-1=0”, de Olga Osorio e Juan Galiñanes en coprodución con Píxel Films, coa presenza dos dous primeiros para a presentación; e coa largometraje finalista “El árbol magnético”, de Dos35 Producciones e Parox.
Para o día 14 de maio están programada a curta “Aqua”, de Algarabía Animación, gañadora do premio á Mellor Curtametraxe de Animación e a longa finalista “Inevitable”, de Adiviña Producións, TVG e Zarlek. Nesta sesión contaremos coa asistencia de Virginia Curiá e Tomás Conde, e de Jorge Algora e Susana Maceiras para presentar a curtametraxe e a longa respectivamente.
O xoves, día 15 de maio proxectarase a longa gañadora, “Somos Xente Honrada”, de Vaca Films e El Terrat. Contaremos coa presenza dos produtores da cinta.
Para rematar a semana de programación dos Mestre Mateo, o venres día 16 é a quenda de a cuarta longa finalista, “9 ondas”, de Noveolas Producciones coa participación de TVG. Simone Saibene, director da cinta, asistirá á presentación cos asistentes.
A continuación, detallamos os horarios das proxeccións:
Martes 13 de maio
20.30h, 3-1=0 de Olga Osorio e Juan Galiñanes en coprodución con Píxel Films, gañadora na categoría de Curtametraxe de Imaxe Real; e El árbol magnético de Dos35 Producciones e Parox, finalista á mellor Largometraje. A proxección estará precedida dunha presentación a cargo de Olga Osorio e Juan Galiñanes.
Mércores 14 de maio
20.30h, Aqua de Algarabía Animación, que se fixo co galardón á mellor Curtametraxe de Animación; e Inevitable de Adiviña Producións, TVG e Zarlek, nomeada á mellor Largometraje e gañadora na categoría de Música Orixinal (Berrogüeto). Tomás Conde e Virginia Curiá asistirán á presentación previa da curtametraxe, mentres que no caso da longa os presentes serán Jorge Algora e Susana Maceiras.
Xoves 15 de maio
20.30h, Somos xente honrada de Vaca Films e El Terrat, que se fixo cos Mestre Mateo á mellor Largometraje, mellor Dirección (Alejandro Marzoa), mellor Guión (Miguel Ángel Blanca e Alejandro Marzoa), Interpretación Masculina Protagonista (Miguel de Lira), Interpretación Masculina de Reparto (Ricardo de Barreiro) e Maquillaxe e Perruquería (Susana Veira e Erea Pérez). Os produtores da cinta acudirán ao pase para a presentación da mesma ante os asistentes.
Venres 16 de maio
18.00h, 9 ondas de Noveolas Producciones coa participación de TVG, finalista á mellor Largometraje. Neste caso acudir á presentación o director do filme, Simone Saibene.