FOR SALE AO FESTIVAL INTERNACIONAL DE GIJON E O CRIME DA LEGUA DEREITA ESTRÉASE EN AS PONTES

6 / 11 / 2013

Este sábado 9 de novembro presentarase O Crime da Legua Dereita nas Pontes, o concello coruñés foi un dos primeiros en interesarse pola longametraxe e a súa proxección, que será finalmente este fin de semana no Cine Alovi ás 20:30 h.

Para poder asistir fai falta entrada invitación gratuíta, que se poderán recoller na taquilla do Auditorio Municipal Cine Alovi, o xoves, venres e sábado. Os horarios de apertura están expostos na pagina web do Concello das Pontes (www.aspontes.com).

Por contra, a curtametraxe “For Sale” de Cool Films Galicia foi seleccionada para o apartado Mostra da 51 edición Festival Internacional de Cine de Xixón. A curtametraxe proxectásese o domingo 17 de novembro, ás 17:00 h nos Cine Centro da cidade asturiana.

Categoría: Novas
Etiquetas: