O FINANCIAMENTO AUDIOVISUAL CENTRA A SESIÓN DE PEDRO MARTÍN NO MPXA

15 / 04 / 2013

Pedro Martín, director de proxectos e desenvolvemento en Audiovisual SGR, estará o vindeiro martes 16 de abril no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para falar sobre contratación audiovisual.

Martín analizará a situación do sector audiovisual tendo en conta as dificultades de financiamento e os cambios nos modelos orzamentarios e no sistema de riscos mundial. Tamén falará dos tipos de produción e os axentes que participan, de como financiar unha obra audiovisual e da análise de viabilidade empresarial que fai Audiovisual SGR para as diferentes produtoras.

Audiovisual SGR é unha entidade de ámbito nacional que ten como obxectivo dar acceso aos mercado financeiros nas mellores condicións, ofrecendo á produtora apoio e asesoramento en todo o proceso de financiamento dun proxecto audiovisual. É a primeira sociedade de garantía recíproca específica para o sector dos contidos culturais o de ocio.

Anteriormente ao seu labor nesta empresa, Martín traballou como responsable de control de xestión de produción e distribución de cine de Sogecable e como responsable de royalties na empresa Sogepaq.

 

 

 

/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

Categoría: Novas
Etiquetas: