FINALIZAN AS CLASES DA IX PROMOCIÓN DO MASTER EN PRODUCCIÓN E XESTIÓN AUDIOVISUAL

2 / 06 / 2008

Antón Reixa (Filmanova) foi o derradeiro profesor da IX Promoción do Master de Produción e Xestión Audiovisual que finalizou as súas clases o pasado venres 30 de Maio. Unha vez finalizadas as clases teóricas, os alumnos da IX promoción comezan unha nova etapa realizando as súas prácticas en productoras tal e como o viñeron facendo as promocions anteriores dende o ano 1999.
Ao longo de todo o curso pasaron polas aulas do Master máis de medio centenar de profesores, entre os que figuran profesionais de recoñecido prestixio do máis alto nivel nacional e internacional como Pedro Revaldería (Director de Contidos de Tele5), Sonia Martínez (Directora de Ficción de Antena3), Juan Carlos Cueto (Globomedia) ou Michel Ruben (HBO) entre outros.

Deste xeito, ábrese o prazo de inscripción para os novos alumnos que desexen formar parte da X promoción optando a unha das 16 prazas que se ofertan para o curso 2008-2009.

O Master está dirixido a licenciados que mostren interese polo proceso da produción audiovisual, no que deben xestionar talento e empresa, recoñecendo a creatividade para transformala nun produto audiovisual nos seus diferentes ámbitos (cine, televisión, animación e novos media).

O Master en Producción e Xestión Audiovisual é un título propio da Universidade da Coruña e conta cunha taxa de colocación laboral do 95%, así coma unha liña de axudas que concede o Concello da Coruña.

Categoría: Novas
Etiquetas: