FIN DO CICLO B&W NO CINECLUBE PADRE FEIJOO COA PROXECCIÓN DE NEBRASKA

10 / 06 / 2014

Mañá, mércores 11 de xuño proxéctase no Cineclube Padre Feijoo o filme Nebraska, de Alexander Payne, ás 18h,  20.30h e 23h.

-NEBRASKA-
 Dir: Alexander Payne | EEUU 2013 | 115′ | VOSe | Mércores 11 | 18:00h-20:30h-23:00h |

Sinopse: Tras confundir un correo promocional cun premio de verdade, Woody, un ancián con síntomas de demencia, cre que se volveu rico e obriga ao seu receoso fillo -co que rompeu a relación anos atrás por culpa do alcolismo do pai- a emprender unha viaxe para ir cobralo. Pero, que ocorrerá cando Woody regrese á súa vila natal, onde lle dixo a todoo mundo que se volvera millonario?

Categoría: Novas
Etiquetas: