FIN DO CICLO AMERICAN SINGERS COA PROXECCIÓN DE LET´S GET LOST

30 / 10 / 2012

Remata o ciclo “American singers” que complementa á programación musical “American autumn” do Cineclube Padre Feioo, mañá 31 de outubro no Cinebox Ourense, ás 18.00, 20.30 e 23.00h.

O filme, por problemas de distribución proxéctase en video dixital, e lamentablemente é unha estrea en España, -e en Ourense-  con oito anos de retraso da súa re-estrea mundial. 

LET’S GET LOST

(1988, EE.UU)

120 min.

Dirección: Bruce Weber | Guión: Bruce Weber | Música: Chet Baker & Varios (Jazz) | Fotografía:Jeff Preiss | Intérpretes: Chet Baker, Chris Isaak, Lisa Marie | Productora: Little Bear Productions / Nan Bush | B/N (aspecto 1.33:1) | Formato/distribución: 35 mm (orixinal 16 mm) | Son: mono | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 18/09/2009 | Estrea en Ourense: 31/10/2012 (Cinebox)

Premios: Festival de Venecia 1988: Premio Cinecritica

Sipnose: Documental sobre a vida do trompetista e cantante estadounidense de jazz Chet Baker dirixido polo famoso fotógrafo Bruce Weber. Baker foi unha das figuras máis destacadas do mundo da música do século XX. “Let´s get lost” xurde da enorme fascinación de Weber por este xenio do jazz. Inicialmente a idea era facer unha serie de fotos, pero trala relación xurdida entre ambos, o director rematou por facer un filme sobre a figura de Baker, o jazz, e duas das súas grandes paixóns; os coches e as mulleres.

Máis info: http://cineclubepf.blogspot.com.es

O Cineclube, retomará a súa programación habitual, despois de celebrado o Festival de cine internacional de Ourense (OUFF)

 

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: