O Cineclube Padre Feijoo remata o ano agradecendo a fidelización do público e compromiso do mesmo, presentando o público asistente, algún dos filmes da tempada.
Para elo programa para este mes decembro, o ciclo Filmes Seleccionados, no que dous dos títulos xa foron seleccionados polos que presentaron as películas, e un terceiro, queda a mercé do que o público dispoña antes do 19 de decembro (data de proxección). Este filme sorpresa, para facilitar a súa dispoñibilidade, ten dúas opcións de elección, e o título do mesmo será un misterio ata o mesmo día; sendo as pistas que se espallen pouco a pouco pola rede, a única posibilidade de adiviñanza, puidéndose votar o elixir diante da caixa de correo do cineclube, twiter e facebook .
O detalle e información do ciclo é como sigue:
· Mércores 5 decembro 2012
Pases 18 e 21 h.Cinebox Ourense (Atención ao horario deste filme, por motivo da duración do mesmo)
R.A.F. Facción do Exército Vermello (Der Baader Meinhof Komplex)
(2008, Alemaña) Dirección: Uli Edel
Premios e mencións: Nominada ao Oscar ,Globo de ouro e BAFTA 2008: Mellor película de fala non inglesa; 3 Nominacións Premios do cine europeo 2009, incluíndo actor e premio do público
Sinopse: Alemaña, década dos 70: violentos atentados terroristas sacoden os alicercer da aínda fráxil democracia xermana. Os fillos radicalizados da xeración nazi, dirixidos por Andreas Baader (Moritz Bleibtreu), Ulrike Meinhof (Martina Gedeck) e Gudrun Ensslin (Johanna Wokalek) libran unha guerra mortal contra o que consideran o novo do fascismo: o imperialismo americano respaldado polo goberno alemán. O seu obxectivo é criar unha sociedade máis humana pero, ao empregar medios inhumanos, non só provocan terror e morte, se non que eles mesmos vóltanse inhumanos. O home encargado de darlles caza, o xefe da policía alemana Horst Herold (Bruno Ganz), aínda que no fondo os comprende, sabe que o que representan é a punta dunha iceberg…
- Mércores 12 decembro 2012
Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense
As neves do Kilimanxaro (Les neiges du Kilimandjaro)
(2011, Francia) Dirección: Robert Guédiguian
Premios e mencións: Premio do Público e Espiga de Plata na SEMINCI 2011 (Festival de Valladolid); Nominada á mellor actriz (Ariane Ascaride) nos Premios Cesar 2011 e sección oficial a concurso (sección “Un certain regard”) no Festival de Cannes
Sinopse: A pesar de perder o seu traballo, Michel vive feliz con Marie-Claire desde fai trinta anos. Os seu fillos e netos o enchen de ledicia. Ten amigos moi cercanos. Están orgullosos das súas actividades sindicais e políticas.
As súas conciencias son tan transparentes como as súas miradas. Pero ese benestar salta polos aires cando dous homes armados e enmascarados os golpean, atan e fuxen coas súas tarxetas de crédito.
- Mércores 19 decembro 2012
Pases 18, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense
Proxección sopresa (depende da túa elección)
(Un trhiller ou unha comedia?)
Pistas sobre os filmes opcionais; a crítica dixo sobre eles:
Opción 1:
“Thriller contemporáneo delicioso. (…) pura e desagradable diversión. (Stephen Holden, The New York Times)
“Thriller apaixoante” (Anna Smith, Empire)
Opción 2:
“Espléndidamente fotografada cun tono monocromático que evoca á ‘Manhattan’ de Woody Allen” (Patrick Peters, Empire)
“Romántica comedia, con diálogos brilantes e persoaxes que van medrando en intensidade” (Jordi Batlle, Fotogramas)
No clip que anuncia a programación de decembro, aparecen algunhas imaxes das opcións. Tamén é sinxelo atopalo no portal de videos “Youtube” co título do ciclo (Filmes seleccionados)
Como elexir?
Mandar un simple correo, (cineclubepf @gmail.com, e no asunto da mensaxe; poñer 1 ou 2, dependendo da túa preferencia. (ollo, non contarán nin se abrirán, aqueles correos con ficheiros adxuntos). Elixe antes do 19 de decembro o filme que descoñeces, pero que… que te sorprenderá !!! Tamén pódese comentar, conquerir máis pistas, e participar, no twitter e no facebook do cineclube.
Máis información do ciclo; http://cineclubepf.blogspot.com.es/2012/11/filmes-seleccionados.html
O tráiler coa programación, e pistas do filme sorpresa a seleccionar: http://www.youtube.com/watch?v=hvfa-XYsl34