A Mostra de Curtas comezou coa proxección de tres longametraxes: Little Galicia, de Albert Ponte; Os Fenómenos, de Alfonso Zarauza; e Funes, o inventor da lúa, de Enrique Otero. Ademais unha nova edición a produtora Bambú elixiu a vila coruñesa para a preestrea da súa serie “Bajo Sospecha”, como fixera en 2013 con “Velvet”.
Nesta XV edición aumentou o número de curtas recibidas, das cales 29 de ficción, 8 de animación e 4 comarcais conformaron o programa final, que se completou co mapping, proxeccións sobre a fachada de San Martiño onde se vían fotografías relacionadas coa cultura, o turismo e a historia da localidade.