(S8) MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO

3 / 11 / 2015

A VI edición da Mostra inaugurouse coa proxección da copia restaurada de “El gabinete del doctor Caligari” sonorizada en directo por Eunice Martins. Destacar a presenza de Ken Jacobs que ademais de impartir unha masterclass presentou a súa última obra que estivo arroupada por unha retrospectiva da súa obra.

 

O país homenaxeado no 2015 foi Brasil, do que se fixo un percorrido polas súas vangardas de cine, destacando a presenza e a obra de Marcos Bertoni. O FPS de Zagreb (Croacia) foi tamén convidado a amosar na cidade os mellores títulos da súa 25 edición.

 

A sección Sinais ofreceu cunha selección de máis de 20 curtas e longas unha panorámica do cine máis suxerinte feito en Galicia por parte dos cineastas Eloy Domínguez Serén, Ángel Santos, Alberte Pagán, Carla Andrade, Xiana Gómez Díaz, Diana Toucedo, Lucía Vilela, La Banda Negra (Helena Girón e Samuel M. Delgado), Jaione Camborda, DSK (Juan Lesta e Belén Moreno), Miguel Mariño e Otto Roca. Destacar a homenaxe a Xacio Baño.