O programa que presenta na súa XI edición está cargado de novidades como a sección Cine Galego, Curtísimas -cos filmes de menos de catro minutos presentados-, Mínima Expresión -selección de reliquias de anteriores edición do Festival- e a estrea da primeira produción propia, unha longa sobre a vida do restaurador redondelá Ángel Barros.
Presentáronse preto de 700 filmes dos que saíron os 16 que participaban no concurso que se proxectaron tamén nos bares da vila. Destacar os seis traballos asociados á sección Andaina dedicada ás discapacidades, o que o converte no único festival galego cun apartado específico.