A XI edición do festival programou 32 documentais de 17 países nos que hai que salientar que a metade destas cintas estaban dirixidas por mulleres. Dos 7 traballos incluídos na sección oficial hai obras de directores recoñecidos pero tamén de novas promesas.
Este ano destacouse á francesa Claire Simon que asistiu a Tui para impartir unha clase maxistral das características da súa realización e da cal se proxectaron sete títulos. Tamén houbo sesións especias dedicadas aos cineastas Manuel Mozos e Albert Maysles.
Apostouse un ano máis polo cine de Galicia recollendo os 7 títulos documentais máis destacados da tempada e cunha mesa redonda sobre os filmes concibidos para non seren exhibidos en salas tradicionais.
O Play-Doc Live!, os Workshops -onde se presentaron tres traballos de cineastas que participaron en diversos obradoiros doutras edicións- e Resonancias -onde os críticos puideron facer propostas e compartilas co público foron outras seccións que completaron o programa do festival no 2015-.