II FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE RURAL CARLOS VELO

3 / 11 / 2015

A proxección dos dez traballos finalistas completouse cunha retrospectiva do fotógrafo Outomuro, do director Aki Kaurismaki e do traballo de Carlos Velo na súa etapa mexicana.

O certame, ao que concorreron cen curtametraxes documentais e de ficción de temática rural enviados dende países como Estados Unidos, Colombia, Reino Unido, Dinamarca, Arxentina ou Islandia, entre outros, converteuse nun punto de encontro para os profesionais do sector audiovisual.