A IV edición do Festival Primavera do Cine comprendeu na súa sección oficial 55 obras audiovisuais (longas, curtametraxes e videoclips), das cales 43 son galegas. Para explorar novas fronteiras cara a súa internacionalización por primeira vez proxectáronse fóra de concurso 12 obras (catro longas e 8 curtas) de países lusófonos, entre as que destaca “O Homem das Multidões”, dos brasileiros Marcelo Gomez e Cao Guimarães, presentada na Berlinale.
Destacar a mención honorífica á compañía “Sarabela Teatro”, así como unha masterclass para guionistas da man de Tirso Calero e as xornadas dedicadas aos máis pequenos.