Primicias internacionais e as últimas creacións dixitais para consolidar a XIII edición do Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital, que trouxo á cidade de A Coruña máis de 600 profesionais de España, Uruguay, Italia ou Rusia.
No programa destacou o filme en animación 3D “Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo”, a sesión especial en primicia do novo filme de Nacho Vigalondo “Open Windows”, a última creación da saga “X-Men” ou a superprodución de ciencia ficción “Transcendence”. O premio especial Mundos Dixitais 2014 foi outorgado a Jordi Barés en recoñecemento a súa traxectoria no campo da publicidade.