FESTIVAL DE CINE DE MÚSICA DE ROCA

3 / 11 / 2015

O Festival de Cine de Música en Roca proxectou películas, documentais e curtametraxes de autores noveles con temática musical ao aire libre. Na súa primeira edición recibiron máis de 150 pezas audiovisuais chegadas de distintos puntos de Galicia e o mundo.

Inspirado nun festival de cine de autor celebrado nunha pequena aldea nos Pirineos, a súa programación completouse cunha charla de regueifa e un concerto.