A segunda edición deste festival cuxo ámbito temático é a creación audiovisual a través da curtametraxe contou con máis de 110 horas de programación divididas en máis de 20 actividades gratuítas que fan fincapé nas principais áreas que interveñen no proceso de creación cinematográfica: guión, dirección, interpretación, produción ou distribución.
Proxeccións de curtas, obradoiros, actividades de tutorización de proxectos, axudas ao financiamento de proxectos e curtas xa realizadas, a exposición de “Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo”,a presentación do libro do ex director de Buenavista España Javier Vasallo “Sin claquetas, 40 historias de cine” e encontros entre profesionais da industria cinematográfica que contaron coa asistencia de profesionais de primeiro nivel tanto galegos como nacionais: Jorge Sanz, David Planell, Fernando León de Aranoa, Ana Gracia, Enrique Urbizu, Inés París, Fernando Andina, Ignacio Montes, Puy Oria ou Millán Vázquez, entre outros moitos.
O director Eduardo Chapero-Jackson tomou o relevo de Isaki Lacuesta e rodou, montou e estreou unha curta exprés durante a celebración do festival.