CON SECUENCIAS

3 / 11 / 2015

O certame Secuencia Cero converteuse en 2014 en Con Secuencias por cambios no equipo organizador. Exhibíronse trinta e catro dos traballos de curtametraxes, animación e documental máis relevantes realizados en España nos últimos dous anos de entre as 450 obras presentadas. O festival ofertou como proposta paralela unha videoinstalación do artista vigués Tayone.