O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal contou coa proxección nove películas e documentais de éxito internacional premiadas nos Oscar, no Festival de Cannes, en Toronto ou Sundance, relacionadas co mundo árabe.
Ademais programáronse distintas actividades como o tradicional concurso de curtas Amal Express; unha gala infantil para compartir cine e fomentar a comprensión do mundo árabe entre as novas xeracións; e oferta gastronómica en dous restaurantes da cidade compostelá. O certame suma xa a súa duodécima edición.