FERNANDO SPENCER, CINEASTA BRASILEÑO, FALOU DO CINEMA PERNAMBUCANO E A PRESERVACIÓN DO SEU PATRIMONIO

18 / 12 / 2004

O director de cine brasileño Fernando Spencer, participou hoxe sábado 18 na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil. Concretamente, centrou a súa disertación no cinema pernambucano e a preservación do seu patrimonio, ademais de proxecta-las curtametraxes Estrelas de Celuloide, Trajectória do frevo e O último bolero no Recife. Spencer leva dirixido unha chea de curtas sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que dirixíu catro.
FERNANDO SPENCER, CINEASTA BRASILEÑO, FALOU DO CINEMA PERNAMBUCANO E A PRESERVACIÓN DO SEU PATRIMONIO

Santiago, sábado 18 decembro 2004.- O director de cine brasileño Fernando Spencer, participou hoxe sábado 18 na derradeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual, para falar do cine documental e das características que este ten en países coma o Brasil. Concretamente, centrou a súa disertación no cinema pernambucano e a preservación do seu patrimonio, ademais de proxecta-las curtametraxes Estrelas de Celuloide, Trajectória do frevo e O último bolero no Recife. Spencer leva dirixido unha chea de curtas sobre temáticas coma o antroido pernambucano –sobre o que realizou cinco-, ou o cine no mundo do Recife, sobre o que dirixíu catro.

Fernando Spencer foi fundador e o primeiro presidente do Grupo de Cinema Super 8 de Pernambuco a finais dos anos 70, así como director cultural deste mesmo grupo até comezos dos 80, e videpresidente de varias institucións como a ABD/Apeci Seçao de Pernambuco e da Fundación Nordestina de Cinema. Coproducíu Coisas nossas-Cinema Pernambucano, e unha chea de actividades máis até que no 1980 foi nomeado director da Cinemateca da Fundaçao Joaquim Nabuco.

É un cineasta preocupado por facer cine, pero non facelo por facer, senón que documenta e recrea artisticamente as cousas da cultura da zona do Recife do Brasil, a da cerámica de Caruarú ou da música de Nelson Ferreira, segundo escribía o crítico Sebastiao Vila Nova no Diario de Pernambuco. Acadou tamén importantes premios ó longo da súa traxectoria, e actualmente, segue a ser, xunto a outros artistas brasileños, un dos loitadores heróicos dos que fixeron o Ciclo de Recife. Ten ademais varios libros publicados tendo como temática fundamental, o cine.

Categoría: Novas
Etiquetas: