O pasado domingo faleceu no seu domicilio coruñés Juan Rodríguez Guisán, coñecido como o pai da dobraxe en Galicia, ademáis de actor. Foi o primeiro que impartíu cursos de dobraxe no país e, en 1982, puxo en marcha na Coruña a empresa Vídeo Galicia, a primeira adicada a esta actividade, creada tres anos antes do nacemento da TVG.
Juan Guisán dirixíu dobraxes e sonorizacións, puxo en marcha equipos e estudios, e formou aos primeiros profesionais da dobraxe en galego, facendo os cástings de voces para innumerables películas emitidas en televisión.
Dos seus traballos como actor destaca a súa participación en varias obras televisadas no coñecido programa “Estudio 1” de Televisión Española e, no eido da dobraxe, a dirección da versión galega da serie de TVE “Os gozos e as sombras”, na que recibíu asesoramento linguístico do académico Marino Dónega.