ESTREA POR INTERNET DE DON SEÑOR E O HOME DO SOÑO

20 / 02 / 2008

Matriuska animación e Domovoi Dixital anuncian a estrea por internet de Don Señor e o home do Soño, unha curtametraxe de animación realizada baixo a súa coprodución e dirixida por Nacho Abia.
Don Señor é unha reflexión sobre a sociedade na que vivimos, unha historia con pequenos tintes de surrealismo onde o espectador poderá ver a realidade dunha sociedade inmersa no consumo. É a historia e vida dun personaxe coa que, a través da miscelánea da animación 3D das técnicas máis antigas de 2D en canto a ilustracións, lograrase expresar o caos interior que o personaxe vive.

Esta curtametraxe, que sorprenderá a todos os espectadores, ten previsto a súa estrea o vindeiro día 21 de febreiro de 18.00 a 00.00 horas en www.donsenhor.com. Este pase será a primeira proxección desta curta, que tan só permanecerá pendurada na rede ese día.

Categoría: Novas
Etiquetas: