Mañá, 10 de xullo estrearase simultaneamente en máis de cen cidades españolas a película colectiva “Eu decido. O tren da liberdade”.
Unha película en contra da reforma da lei do aborto, que pretende mostrar a oposición das mulleres de toda España ás intencións do Goberno, esixir a este que manteña a actual lexislación e recordar que hai que seguir traballando para evitar a perda de dereitos e liberdades.
Máis de oitenta mulleres profesionais do cine e o audiovisual participaron nesta película, que naceu coas manifestacións en Madrid do pasado 1 de febreiro. Mulleres de todos os cantos do país chegaron en tren a Madrid ese día para esixir ao Goberno que se manteña vixente a actual Lei de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo.
EU DECIDO. O TREN DA LIBERDADE non terá unha carreira comercial. O obxectivo do COLECTIVO DE MULLERES CINEASTAS CONTRA A REFORMA DA LEI DO ABORTO é conseguir a máxima difusión posible. Por iso, o 11 de xullo a película estará gratuitamente a disposición de todos os cidadáns en varias plataformas dixitais.
O luns, 7 de xullo celebrouse unha proxección especial no Teatro Jovellanos de Gijón. A iniciativa do Tren da Liberdade foi das mulleres do Faladoiro Feminista lles Comadres e das Mulleres pola Igualdade de Barredos. O COLECTIVO DE MULLERES CINEASTAS CONTRA A REFORMA DA LEI DO ABORTO recoñece o valor daquela iniciativa con esta proxección especial.
Dende a Delegación de CIMAen Galicia, estamos organizando ás estreas simultáneas na nosa Comunidade. Nestes momentos temos confirmada a estrea en:
A CORUÑA
AUDITORIO FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA
Cantón Grande s/n
HORA: 20:00
SANTIAGO DE COMPOSTELA
GALERÍA SARGADELOS
Rúa Nova 16
HORA: 19:30
FERROL
ATENEO FERROLÁN
Rúa Magdalena 202
HORA: 20:00
LUGO
SALÓN DE ACTOS DA DIPUTACIÓN
Praza San Marcos, LUGO
HORA: 19:00
VIGO
AUDITORIO MUNICIPAL
Plaza del Rey
HORA: 20:00
NOIA
CASA DA CULTURA
Corredoira Luis Cadarso, S/N
HORA: 20:00
PONTEVEDRA
FACULTADE DE BELAS ARTES
Rúa Maestranza, 2
HORA: 19:00
NIGRÁN
CASA DO POBO
Rúa Canido nº 3
HORA: 19:30
OURENSE
AUDITORIO MUNICIPAL
Rúa Canle, 2
HORA: 20:00
CANGAS
AUDITORIO MUNICIPAL
Avda. de Lugo, 27
HORA: 20:30
SALCEDA DE CASELAS
Á espera de confirmar sala
VILAGARCÍA DE AROUSA
Á espera de confirmar sala