O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá mércores día 19 de outubro e o xoves 20 de outubro (18.00 horas) un documental que nos achega a historia (mundial) do cine experimental, Free radicals: A History of Experimental Cinema, dirixido polo experto Pip Chodorov (Nova Iorque, 1965). FREE RADICALS. A HISTORY OF EXPERIMENTAL CINEMA
(Francia, 2010)
Dirección: Pip Chodorov. Guión: Lucy Allwood e Pip Chodorov. Produción: Sacrebleu Productions. Fotografía: Nicolas Rideau, Ville Piippo e Pip Chodorov. Duración: 80 minutos.
Unha historia do cine experimental a modo de persoal e moi didáctica introducción. Narradores e entrevistados de luxo (Jonas Mekas, Stan Brackhage, Ken Jacobs, Hans Richter ou Peter Kubelka), material de arquivo, pequenas pezas de mostra, todo dirixido polo experto en cine de vangarda, director, promotor, fundador de Re:voir e antigo traballador de Light Cone Pip Chodorov, fillo de Stephan, director e coétaneo de Jonas Mekas.