“Adictos” é o título da nova curtametraxe do director vigués Edu Lavandeira. En tan só 30 segundos de duración se condensa unha historia de dúas adictos, cada un a unha droga, que ven enfrontados os seus intereses e as súas necesidades. O resultado é unha peza turbadora, cómica e moi realista. A curta está inspirada nunhas declaracións de Charlie Brooker, creador da aclamada serie británica “Black Mirror”, nas que afirmou que si “cargar un iPhone quitásenos 10 minutos de vida, fariámolo”.
Edu Lavandeira logrou na pasada edición do Notodofilmfest.com colocar o seu anterior e polémico curto “Bukkake” na primeira posición dos curtos máis vistos do festival, entre máis de 1.300 obras a concurso.
A continuación tedes o link á curta “Adictos”: http://www.jamesonnotodofilmfest.com/cortos-a-concurso.html?id=cw52faa1f08ffbe