ESTREA DE ANACOS NO FESTIVAL INT. DE LAS PALMAS

7 / 03 / 2012

Anacos, a nova curtametraxe de Xacio Baño, fará a súa estrea oficial no Festival Internacional de Cine de Las Palmas, dentro da sección oficial xunto con outras 10 curtas internacionais.  O festival transcorrerá entre o 16 e o 24 de Marzo. 

A curta, protagonizada por Mabel Rivera, Fernando Morán e Xosé Barato, foi rodada o pasado mes de setembro na localidade de Meixigo,  concello de Cambre, durante dous días.

O proxecto contou cunha axuda da Agadic ao desenvolvemento do talento audiovisual galego no 2011 na categoría de curtametraxe Experimental.  Para a etapa que comeza agora de distribución e exhibición a película contará coa colaboración de Marvin&Wayne coma distribuidora asociada.

A curta nace como unha evolución formal do anterior traballo de Xacio Baño, Estereoscopía.  Ten unha duración de seis minutos, e é unha aposta por xogar coa linguaxe, e xogar con conceptos como a deconstrucción do fotograma e dos espazos físicos e a ruptura do tempo das accións, para favorecer a expresivividade do relato.

 

ESTEREOSCOPÍA

Estereoscopía, logo de case cumprir un ano no circuíto de Festivais, roza as cincuenta seleccións entre as que destacan o Festival de Málaga, o de Brest en Francia, ou o Spanish Cinema Now no Lincoln Center de New York.Leva acadado sete premios, entre eles os de mellor curtametraxe do xurado no pasado Festival de Cans e o de Mellor curta Galega no Curtocircuito. 

Esta mesma semana Estereoscopía poderase ver no festival IBAFF de viaxe e creación de Murcia, e en vindeiras datas no festival CreatRivas de Rivas Vaciamadrid, ou no Cineglobe de Suíza.  Tamén é finalista dos premios Mestre Mateo á mellor curta de ficción.


Webs:

http://anacos.rebordelos.com

http://lpafilmfestival.com/events/anacos?locale=es

http://www.facebook.com/anacos.shortfilm
http://www.rebordelos.com
http://www.xacio.es

http://www.marvinwayne.com

 

Contacto:

 

info@rebordelos.com

Telf:      0034 606555524

Etiquetas: