Hoxe luns 28 de maio será a penúltima cita coas Lúas de Amal, una iniciativa que propón o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal os últimos luns de cada mes. Trátase duna sesión de cine, totalmente de bald, onde se proxectan os filmes que elixiu o público a través da web do Festival. O lugar de celebración das Lúas de hoxe será o Salón de Actos do Hotel Eurostars Araguaney (R/ Montero Ríos 25-27. Santiago de Compostela), as 22,00 h.
Coma sempre, a organización de Amal ofreceu 3 opcións a escoller, entre as que se atopaban ESTA É A MIÑA TERRA, HEBRÓN, de Giulia Amati e Stephen Natanson, o conxunto de curtametraxes SABEEL de Khalid Mahmood, SIN TÍTULO de Neil Beloufa y MUDO de Muayad Alayan; e o longo de ficción VALE, BASTA, ADEUS, que foi escollido cun 60% dos votos.
As Lúas de Amal é una actividade creada polo Festival co obxectivo de exhibir cinema euroárabe ao longo do ano. Xogando coa palabra “lúas”, as proxeccións teñen lugar o últimos luns de cada mes, ás 22,00 h da noite e totalmente de balde. Trala cita do vindeiro luns 28 de Maio, colgaranse na web (www.festivalamal.es) as 3 opcións que suxire o Festival e entre as que os espectadores terán que escoller 1, a cal se proxectará o último luns do mes de Xuño.
SINOPSE:
VALE, BASTA, ADEUS de Rania Attieh e Daniel García, 2011, Emiratos Árabes Unidos/Líbano, 93 min.
Na pequeña cidade de Trípoli, Líbano, onde os lazos familiares son moi profundos, un home de corenta e tantos anos aínda vive coa súa nai e renunciou a idea de ser independente. Pero cando un día a súa nai abandónao, aohome soamente lle queda a compañía dunha cidade e o que esta lle ofrece.