A ESCOLA SUPERIOR MARCELO MACÍAS LANZA UN CURSO PROFESIONAL DE CREACIÓN AUDIOVISUAL E MEDIOS DIXITAIS

5 / 10 / 2010

Con esta oferta, a Escola é o único centro en toda Galicia que lanza un curso de creación audiovisual onde ademais de aprender a manexa-las ferramentas máis importantes de vídeo, tamén forma aos alumnos como creadores, preparándoos para afrontar unha rodaxe de calquera tipo, e ofrecéndolles ademais a posibilidade de facer prácticas coa recoñecida cámara de cine dixital RED ONE.

 

 

Os alumnos poderán complementar a súa formación, asistindo de forma gratuíta ou con descontos a unha serie de cursos e master class que se impartirán durante todo o ano no noso centro: deseño de arte, CGI 3D/2D, gravación e fluxo con RED ONE.  Tódolos traballos que se desenvolvan ao longo do curso entrarán nun rigoroso proceso de selección para gravar unha curtametraxe en cine dixital coa produtora Píxel Films. 

O curso de desenvolverá de outubro a maio en horario de tarde. Ademais, ofrécese a posibilidade de acudir ás dúas primeiras clases de forma totalmente gratuíta.  Para recibir máis información ou realiza-la inscrición, dirixirse a escuela@marcelomacias.com. 

ACERCA DE E.S. MARCELO MACÍAS 

A Escola Superior Marcelo Macías é un centro concentrado na formación de profesionais principalmente na área da empresa e a comunicación. Dispón de tres titulacións de referencia: Empresariais, Marketing e Relacións Públicas, Administración e Dirección de Empresas, e Deseño Gráfico Publicitario. O acceso a esta formación precisa ter completado o Bachiller ou un Ciclo Formativo de Grado Superior, aínda que non é imprescindible ter superado as probas de selectividade. Tamén se conta cun exame de acceso para maiores de 25 anos. A Consultoría de Formación Marcelo Macías é outro dos servizos do centro. Nace con vocación de ofrecer solucións profesionais en materia de formación, ocupándose do desenvolvemento integral do potencial humano, a mellora da competitividade e a achega de valor engadido. Os consultores da escola realizan un diagnóstico exhaustivo de necesidades formativas de cada empresa identificando as áreas nas que os traballadores presentan maiores carencias. En base a este análise, desenvólvese un Plan Formativo.

Categoría: Novas
Etiquetas: