O vindeiro mércores 27 de outubro no Consello da Cultura Galega terán lugar as Xornadas de Teatro e Audiovisual, que anualmente organiza a AAAG e que este ano serán o mesmo día. Este encontro de debate, proposto polas Vocalías de Teatro e Audiovisual, leva por título “Xornadas Terapéuticas da AAAG, en busca dun tratamento eficaz (achegamento a un diagnóstico para actores e actrices en crise) “.
Pola mañá, o debate leva por título “A crise e o teatro ou o teatro en crise?” a partir das 10.00 h e estarán presentes Marisa Paredes, coordinadora de programación de AGADIC; Mª Brage Cendán, directora do CDG; Fernando Dacosta, actor e empresario; Afonso Becerra, profesor da ESAD; e Pedro Fresneda, responsable do Teatro Ensalle de Vigo.
A partir das 16.30 o debate será “A crise do audiovisual ou o audiovisual en crise?”, onde intervirán Fernando Madriñán, director de programación da TVG; Anxo Quintanilla, director do Consorcio Audiovisual de Galicia; Xosé Arias, director de CTV; Alberto Guntín, director de desenvolvemento de Voz Audiovisual; e Carlos Ares, produtor e guionista de Producciones Zopilote.
Para rematar a xornada de debate, será proxectada no Pub Atlántico ás 20.30 horas o documental “Profesión actor” de Marcos Estebo.
Tede máis información en http://www.aaag.es/