Os vindeiros 11 e 12 de Xullo terán lugar as “Xornadas Galego – Portuguesas sobre Documentais” no contexto do I Curso de Creación e Guionización de Documentais organizado polo Máster de Producción e Xestión Audiovisual en colaboración ca Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Axencia Audiovisual de Galicia, Televisión de Galicia e a Universidade da Coruña.
Con esta iniciativa trátase de mostrar aos asistentes unha visión contemporánea e actual dende a experiencia máis recente do traballo documental que se está a facer tanto en Galicia coma en Portugal.
Abordaranse aspectos diversos coma a situación do documental no mercado audiovisual, así coma os fundamentos principias para concluir con éxito a tarefa de construir un documental creativo e innovador (posibilidades de explotación, plataformas para a súa promoción… etc)
Programa
Venres 11 de Xullo: Xornada sobre o Documental Galego actual
10h-12h – Visión xeral do panorama actual.
Interveñen:
Eloy Enciso
Marcos Nine
Manuel Fernández Valdés
Modera: Fernanda del Nido (Tic Tac Producciones)
12h-12:30h – Pausa Café
12:30h-14h – Mesa Redonda cos presentes na sala.
15:30h-18:30h – Visionado
Sábado 12 de Xullo: Xornadas sobre o Documental Portugués
10h-12h – Visión Xeral do panorama actual en Portugal
Interveñen:
Jorge Pelícano
Sergio Trefaut
Modera: Ángel Sánchez (Co-director de Play Doc)
12h-12:30h – Pausa Café
12:30h-14h – Mesa redonda cos presentes na sala
15:30h – 18:30h – Visionado.
Poderán acudir todas as persoas que o desexen ata completar aforo.
As xornadas terán lugar na sala de proxección do Master en Producción e Xestión Audiovisual, Facultade de Ciencias da Comunicación – Socioloxía, Campus de Elviña S/N, 15071, A Coruña.
Para máis información:
Teléfono 981 167000 ext. 4877
Mail: mpxa@udc.es