O Consulado de Canadá en Barcelona invita a participar na segunda Misión canadense de Animación en España. Aproveitando a participación de numerosas compañías canadenses no Festival Internacional de Animación de Annecy, organizouse un programa de dous días o 9 e 10 de Xuño en Barcelona (España). No año 2007, como resultado da misión, asináronse acordos de coprodución por valor de máis dun millón de Euros.
¿Quen debería participar? A participación está aberta a todas as compañías de animación españolas interesadas en explorar oportunidades de coprodución coas produtoras canadenses. As compañías deberían ter algún proxecto en mente que puidera ser a base dunha futura coprodución.
¿Cal é o formato? Unha serie de presentacións e tempo para as reunións individuais con socios de coprodución potenciais.
9 de Xuño
– Sesións informativas e debates de especialistas sobre os sectores de animación español e canadense e oportunidades de traballar conxuntamente.
10 de Xuño
– Reunións individuais preestablecidas e xantar de creación de redes de contacto.
* O programa terminará ás 15:30 horas o martes para permitir que as compañías conten con tempo suficiente para asistir a MIFA en Annecy que comeza o 11 de Xuño.
¿Por que? A coprodución cun socio europeo é unha maneira interesante de asegurarse financiación, obtendo acceso ao mercado europeo e posicionando o seu produto creativamente para atraer unha audiencia máis ampla. España é a novena potencia económica mundial e é unha fonte de animación cuxo contido é de alta calidade. As produtoras españolas teñen experiencia na coprodución tanto con socios en Europa como en Asia.
¿Como? Pódese contactar con Aurora Polo en Barcelona, no e-mail Aurora.PoloFerrer@international.gc.ca indicando o interese en participar nesta misión.